lunes, 25 de febrero de 2013

"NON ME FAN XUSTIZA SEÑOR "

"un labrego

e dúas nenas ríndo,

metéronse os que sobran

os que olen a liberdade

a futuro

e poden moito señor

con todo menos co que nos move

liberdade, futuro

amor da terra dos nenos e dos poemas.

e díxome o monte,

non temas,

loita,

ti es galego,

non mintas,

e eu fágolle caso.

dende que crecín na verde terra

comecei amala

comeicei a facer

e aprendín dela

chegaron poemas e montes,

xentes e ríos,

co tempo gañei o seu difícil  bico.

logo unha muller dos bares,

e debuxei na vella Compostela

deume un neno pra facer del un poeta

un labrego

e dúas nenas alegráronse de veras

e metéronse os que sobran

un mais oito de figueiras,

os que olen a liberdade a futuro

e fixeron dela a peor mentireira

poden moito señor

con todo menos co que nos move

liberdade, futuro

poden  facer inxusto o xusto

o amor da terra e dos poetas.

o poeta  preso señor

un neno encarcerado

o dor das nenas,

berra o monte,

non mintas,

loita,

o futuro é labrego,

non temas.

e eu fágolle caso".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cualquier pregunta o respuesta a las mias es bienvenida y necesaria, cualquiera.